jueves, 20 de marzo de 2014

2- Open Galego - Monteferro (Nigrán)

O pasado sábado 15, dirixíamonos cara a segunda proba do Open Galego, a Monteferro. Neste circuito debutara en mountainbike un día de marzo de fai 6 anos e polo tanto había ganas de sair a competir, tamen para quitar o mal sabor de boca de Vigo e Cotobade.

Cabe destacar que o tempo en Monteferro era idóneo para disputar unha carreira, moito soliño pero sen haber excesiva calor.


Destacar que nesta carreira contábamos con 6 integrantes do Lola Lola Gomistar.
Agora imos xa coa crónica que é o que máis interesa...

"Dábase o pitido inicial e dous anos despois volvían rodar bicis pola marabillosa península de Monteferro coma sempre o grupo dos 5 máis fortes íanse na arracanda e tanto eu coma o meu compañeiro Andres mantiñamonos 6º- 7º vendo coma pouco a pouco íamos recortando ao grupo na primeira subida. Neste momento vexo como meu irmán Manu, cunha facilidade asombrosa, se escapa do grupo sen obter resposta do grupo perseguidor,  decir que ao igual que na Garita remataría a carreira nese mesmo posto, de primeiro.

De seguido tanto eu coma Andres decidimos tirar ao noso ritmo e axudarnos a relevos nesta primeira volta, non tiñamos a ninguén cercano detrás nin viamos xa aos de diante pero as cousas cambiarian na segunda volta, cando Alex Trasbach máis un grupo de 3 corredores no cal iba Anxo Lorenzo me pasaba. A partír de aquí a carreira tivo cambios importantes nestes postos. Alex co seu impresionante ritmo subindo foiseme, Andres quedouse de min e Anxo Lorenzo estaría canda min practicamente toda a carreira.

De aquí ata a última volta sería unha guerra sen cuartel entre Anxo e eu, posto que subindo levaba un ritmo parecido ao meu e o enorme tráfico de doblados que había podía xogarme malas pasadas, sabía que tiña que intentar acercarme a súa roda  en subida porque baixando ía moito máis rápido que el. O definitivo estivo na última subida da penúltima volta cando tivo que poñer pé a terra e eu continuei montado e paseino.

 Sabía que era clave adiantalo antes da última baixada, posto que podía sacarlle boa ventaxa. Así foi e chegamos á ultima volta cun pequeno colchón de diferenza entre eu e Anxo. Finalmente decir tamén a sorpresa que levei cando atopo a Alberto Pedreira e o consigo adiantar.

Ao final 7º elite e 2º sub 23 moi contento co circuitazo que era dos meus, moi físico, co clima que houbo, coas sensacións en toda a proba, co intenso duelo con Anxo Lorenzo Segade, con toda a xente que animaba e dar tamén as grazas a Sportbike Galicia por deixarme a bici á perfección.

Darlle a noraboa ao meu irmán por esa primeira victoria nun Open Galego, e un orgullo ter un irmán con tan bó nivel e tamén destacar os postos dos compañeiros: 5º elite Alex Trasbach, 12º elite Andres Regueiro, 17º master 40 Fran Jav Gomez.
Por último darlle as grazas tamén a miña moza Sara Paz por estar sempre ahí animándome cando incluso non quedo tan ben, é a máis grande!!!!
Un saúdo e ata o sábado que ven, no Castro Barbudo (Copa Barbanza) !

No hay comentarios:

Publicar un comentario